|
sábado, 27 septiembre 2008 |
|
Adelantando un par de días a data prevista para a publicación, e coincidindo co día internacional do Software Libre, facemos pública a versión 2.0RC1 de Trisquel Educación. Inclúe todo o preciso para montar aulas para alumnos de calquera idade, e ten ferramentas específicas para a xestión de usuarios, control de aula, pizarra dixital, clientes lixeiros, e moitas outras, facendo máis sinxela a tarefa do administrador, e máis produtiva a do mestre. Descarga o CD, e axúdanos coa túa opinión.
|
|
Ler máis...
|
|
|
viernes, 19 septiembre 2008 |
|
Silicon Graphics acaba de anunciar a modificación nos termos da licencia baixo a que se publica a implementación "mesa" de OpenGL. Esta modificación fai finalmente libre unha das pezas básicas para ter soporte para gráficos 3D en GNU/Linux, garantizando que sistemas coma Trisquel sexan 100% libres.
Esta modificación foi posible gracias á colaboración da Free Software Foundation , e permitirá os distribuidores de sistemas GNU/Linux ofrecer soporte para sistemas 3D sen limitacións legais, algo que proxectos coma Debian tiñan arquivado coma un "bug" da distribución dende fai máis de cinco anos.
|
|
|
viernes, 15 agosto 2008 |
|
O Centro Tecnolóxico da Carne , un dos centros públicos de investigación do Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de iniciar o proceso de migración de todos os seus sistemas de escritorio a Trisquel GNU/Linux edición Empresas, tanto nos equipos para administración coma nos laboratorios. A migración completarase empregando a edición educativa nas aulas do centro.
Sognus está a colaborar na migración, tanto no proceso de instalación como ofrecendo o mantemento e servizos de formación.
¿Queres obter axuda para migrar a GNU/Linux na túa empresa? ¡Consultanos!
|
|
|