Servizos e produtos

Sognus ofrece solucións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, empregando as últimas tecnoloxías, e ofrecendo sempre Software Libre.

Os nosos produtos e servizos estan orientados a empresas, centros de ensino, e administracións públicas, e moitos están baseados no proxecto Trisquel . Trisquel GNU/Linux é un sistema operativo 100% libre, desenvolvido por unha comunidade de voluntarios, o cal Sognus ofrece soporte comercial e axuda no desenvolvemento. Froito de dita axuda surxen as edicións empresarial e educativa de Trisquel, sobre as que ofrecemos diferentes servizos.