Liberada a implementación de OpenGL

viernes, 19 septiembre 2008

opengl_logo.jpgSilicon Graphics acaba de anunciar a modificación nos termos da licencia baixo a que se publica a implementación "mesa" de OpenGL. Esta modificación fai finalmente libre unha das pezas básicas para ter soporte para gráficos 3D en GNU/Linux, garantizando que sistemas coma Trisquel sexan 100% libres.

Esta modificación foi posible gracias á colaboración da Free Software Foundation , e permitirá os distribuidores de sistemas GNU/Linux ofrecer soporte para sistemas 3D sen limitacións legais, algo que proxectos coma Debian tiñan arquivado coma un "bug" da distribución dende fai máis de cinco anos.