Sognus ofrece produtos e servizos de
software libre para empresas,centros
de ensino e administracións públicas,
e colabora con Trisquel GNU/Linux

Publicación de Trisquel GNU/Linux 5.5

Esta nova versión conta con actualizacións en tódolos programas, maior estabilidade e compatibilidade con novas tecnoloxías. Inclúe Linux-libre 3.0.0, LibreOffice 3.4.4, e navegador web baseado en Mozilla Firefox 11. Dispoñible dende o 16 de Abril.

Descarga agora a nova versión  e colabora co Proxecto Trisquel.

Publicada a versión de probas de Trisquel Educación

sábado, 27 septiembre 2008

educacion-trans.pngAdelantando un par de días a data prevista para a publicación, e coincidindo co día internacional do Software Libre, facemos pública a versión 2.0RC1 de Trisquel Educación. Inclúe todo o preciso para montar aulas para alumnos de calquera idade, e ten ferramentas específicas para a xestión de usuarios, control de aula, pizarra dixital, clientes lixeiros, e moitas outras, facendo máis sinxela a tarefa do administrador, e máis produtiva a do mestre. Descarga o CD, e axúdanos coa túa opinión.

Chamada á colaboración

Trisquel Educación serve para crear aulas para todo tipo de alumnos, dende primaria ata a universidade, incluindo academias e aulas de formación para empresas, polo que o conxunto de ferramentas e aplicacións educativas a soportar é moi amplio.

Por isto precisamos a axuda de profesores de todos os ámbitos para engadir a maior cantidade posible de aplicacións educativas. Se coñeces algun programa que quixeras ver incluído, ou botas en falta algunha funcionalidade, fainolo saber a traveso do foro, a lista de correo, ou o formulario de contacto. Non é preciso que sepas nada de GNU/Linux, basta con que nos digas cousas coma "os meus alumnos precisan un programa para facer ...". Nós buscaremos aplicacións libres para engadilas ó sistema. E por suposto, se tes máis experiencia tamén será benvida.