Sognus ofrece produtos e servizos de
software libre para empresas,centros
de ensino e administracións públicas,
e colabora con Trisquel GNU/Linux

Publicación de Trisquel GNU/Linux 5.0

Esta nova versión conta con actualizacións en tódolos programas, maior estabilidade e compatibilidade con novas tecnoloxías. Inclúe Linux-libre 2.6.38, LibreOffice 3.3.3, e navegador web baseado en Mozilla Firefox 7. Dispoñible dende o 17 de Septembro.

Descarga agora a nova versión  e colabora co Proxecto Trisquel.

Ideais

En Sognus temos a forte convicción de que as ferramentas que empregamos coma parte da Sociedade da Información teñen que poder compartirse, estudiarse e mellorarse entre todos. Isto é o que define o Software Libre, e por este motivo só ofrecemos programas que garantan os dereitos fundamentais dos usuarios:

  • Dereito a  usar o programa con calquera propósito.
    • O noso software non ten restriccións de uso, non caduca e non precisa de claves de instalación. Pode usarse no número de ordenadores que precises.
  • Dereito a estudiar e modificar o programa.
    • Poderás comprobar cos teus ollos o que fai o programa, e como. Isto require do código fonte, por eso sempre poderás obter unha copia dó noso.
  • Dereito a compartir copias do programa.
    • Os nosos programas podense redistribuir, modificados oun non, tanto gratuitamente coma cobrando, sen precisar do noso consentemento.

 Comprometémonos firmemente a publicar tódo o software que desenvolvamos baixo unha licencia libre -incluíndo a documentación-, e  empregar sempre estándares públicos e abertos. Tamén colaboraremos coa comunidade de desenvolvedores de software libre, apoiando actividades de difusión, axudando na programación de aplicativos de terceiros, e informando dos erros que atopemos e dos parches que apliquemos.