Empresas

Migración e soporte

Pola nosa experiencia podemos asegurar que case ninunha empresa está contenta co seu sistema informático. As habituais solucións privativas son propensas a erros e virus, inseguras e pouco eficientes. Os sistemas GNU/Linux son a solución a estes problemas, pero coma todo cambio, require esforzo e coñecementos. En Sognus somos expertos en Software Libre, e ofrecemos soporte profesional para sistemas GNU/Linux en estacións de traballo e servidores. Leer máis .

Consultoría

A nosa empresa conta con experiencia na xestión de proxectos de I+D, e ofrecemos servizos de consultoría TIC. Se ten pensado iniciar un proxecto de software, e precisa axuda coas licenzas, ou se desexa integrar software libre nun proxecto da súa empresa, podemos axudarlle. Leer máis .

Terminais de venta (TPV)

Un dos produtos derivados de Trisquel Empresas é un Terminal Punto de Venta baseado en Software Libre. Con pantalla tactil, impresora de tickets e caixón portamoedas, é o equipamento ideal para unha tenda ou local de hostelería. Tamén permite levar a facturación e a contabilidade da empresa, entre outras moitas cousas. Leer máis .

Hosting

Un dos servizos de administración de sistemas que ofrecemos é o hosting especializado, orientado a portais de gran tamaño que precisan mantemento 24x7. Leer máis .