Sobre nós |
|
Sognus é unha xove empresa de software afincada no Parque Tecnolóxico de Galicia, nacida o longo do 2008 por un equipo con ampla experiencia no sector, resultante de proxectos previos con diversas empresas e institucións. O noso traballo centrase no software libre, co que ofrecemos produtos e servizos dos que destaca o soporte que ofrecemos ó sistema operativo libre Trisquel GNU/Linux. Tamén desenvolvemos software de xestión, coma o sistema de trazabilidade Explica, coordinado polo Centro Tecnolóxico da Carne, ou o proxecto coordinado por Agaca e a Consellería de medio rural para pechar a fenda dixital no cooperativismo agrario galego. Actualmente a empresa está calificada coma Iniciativa de emprego local polo Concello de San Cibrao das Viñas, e está pendente a nosa cualificación coma Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica pola Xunta de Galicia. |
